Tag Archives: Rafa Ruibal

Que trata do PXOM, e dunha oportunidade para facervos oir

Autor: Rafa Ruibal
Din que o remate do ano é un momento axeitado, non só desde o punto de vista contable, para facer balanzo. En poucos días vai ter lugar o Pleno Extraordinario, convocado polo grupo nacionalista, no que se solicitará que se esqueza o PXOM recentemente aprobado, se volva ao principio de todo e se empece a artellar un PXOM participativo e democrático, que escoite aos veciños e veciñas de Portas e dea forma ás súas espectativas de presente e futuro.

Seguir lendo

Publicado en Blog | Etiquetado | Comentarios desactivados en Que trata do PXOM, e dunha oportunidade para facervos oir

De ferias polo Courel

Autor: Rafa Ruibal
Teño que recoñecer que son mitómano. Crieime con Jules Verne, R. L. Stevensson, Jack London, Daniel Defoe… Os sitios, os lugares que aparecen nas obras literarias adquiren unha dimensión especial que os eleva por riba da realidade cotián. Carnota, Celanova, Ponteceso, Mondoñedo, o Courel, o val do Lóuzara, o Couto Mixto (a nosa pequena Andorra) son, para min, lugares mitolóxicos grazas á nosa literatura.

Seguir lendo

Publicado en Blog | Etiquetado | Comentarios desactivados en De ferias polo Courel

Outra democracia é precisa (I)

Autor: Rafa Ruibal

Zapatero, o boom inmobiliario, os tolos primeiros anos do milenio…, esta crise que agora nos asolaga está dando cabo de moitos e de moitas cousas. E sobre todo da fin a un modelo político (no sentido etimolóxico da palabra), que se ben tivo a súa orixe nos anos trinta nos países nórdicos…
Anexo: boletín do BNG de Portas.

Seguir lendo

Publicado en Blog | Etiquetado | Comentarios desactivados en Outra democracia é precisa (I)

Que trata dos ingleses, de Curro e de Milladoiro, non o de Santiago

Autor: Rafa Ruibal

Hoxe, e que serva de precedente, non vou falar de Briallos, senon de Curro, dun lugar seu chamado Bretoña.
Ora, antes de comezar, debería aclarar que son un namorado dos topónimos, das historias que cada lugar abeira no seu nome.

Seguir lendo

Publicado en Blog | Etiquetado | Comentarios desactivados en Que trata dos ingleses, de Curro e de Milladoiro, non o de Santiago

O piñeiro da Tomada de Magariños

Autor: Rafa Ruibal

Briallos de aquí atópase na aba do monte Agüeiro. Este monte exténdese polos concellos de Portas, Caldas, Moraña e Barro, abeirando lugares como San Martiño de Arcos, Segade, Paradibas, Sabadín Corrigatos ou Búa.

Seguir lendo

Publicado en Blog | Etiquetado | Comentarios desactivados en O piñeiro da Tomada de Magariños

Briallos de aquí e Briallos de alí

Autor: Rafa Ruibal

Casei en Briallos. Son do Covelo (Cubelo dicimos nós), Saiáns. Alí, coma noutros lugares, perdeuse a parroquia como elemento identificador. Somos do Cubelo, Corrigatos, Santa Lucía, Alberguería ou mesmo do lugar de Saiáns, ora, caseque ninguén di que é de Saiáns (parroquia). Noutras partes, a parroquia segue estando viva. A xente é de Rebón, Amil, A Laxe,…, Romai, Lantaño…

Seguir lendo

Publicado en Blog | Etiquetado | Comentarios desactivados en Briallos de aquí e Briallos de alí