Tag Archives: Santiago Carballo Mourón

A confusión está clarísima

Autor: Santiago Carballo Mourón

Pasou a xornada electoral do 25M. Despois das correspondentes valoracións dos partidos políticos, unha vez feita a dixestión dos resultados e superada a resaca, uns pola derrota e outros pola borracheira para facela máis levadeira, a petición do Pater, eu, a título persoal, vou intentar facer unha modesta reflexión.

Seguir lendo

Publicado en Blog | Etiquetado | Comentarios desactivados en A confusión está clarísima

Luís Cayo Alfonso Leste, o “alcalde da luz”

En DOC entrevistamos a Luís Cayo Alfonso Leste

“No ámbito asistencial, hai que destacar a contratación da “Asistenta social”, pois fomos dos primeiros concellos que o logramos. Outra xestión importante considero que foi a incorporación duhna practicante ou ATS, pois veu a solucionar unha carencia que ían remediando moitos dos “practicantes amateurs” que había en tódalas parroquias, como o caso dos dous primeiros alcaldes da democracia.”

Seguir lendo

Publicado en Blog | Etiquetado , , | Comentarios desactivados en Luís Cayo Alfonso Leste, o “alcalde da luz”

Proa a Ningures

Autor: Santiago Carballo Mourón

Todo o mundo sabe que o partido do goberno é un partido grande e que teñen máis razón que santos cando os seus gobernantes proclaman aos catro ventos que España é unha potencia mundial habitada por cidadáns rebeldes e impotentes que non saben apreciar a época de esplendor que os agarda ao dobrar a esquina (…)

Seguir lendo

Publicado en Blog | Etiquetado | Comentarios desactivados en Proa a Ningures

Ávidas aves do curral

Autor: Santiago Carballo Mourón

(…) Pois non queda aí a cousa, como di o coñecido retrouso, “non hai dúas sen tres” (…). Tamén en terras de Nogueira –que mellor sitio, para celebrar a festa das noces!!-, concretamente  no lugar do Mosteiro, o concello de Meis, tenta elevar o galo á categoría de negocio, pretendendo reactivar a actividade avícola cunha “Feira do Galo de Corral” (…)

Seguir lendo

Publicado en Blog | Etiquetado | Comentarios desactivados en Ávidas aves do curral

Perdidos por dez, perdidos por cen

Autor: Santiago Carballo Mourón

En Portas, a nivel de política municipal a cuestión é diferente e require unha análise distinta, a perda de votos do Partido Popular permitiu a aproximación das forzas de esquerda en número de votos e abre unha esperanza de cara ao futuro, pero teño as miñas dúbidas de que estes resultados sexan extrapolables a unha contenda electoral municipal.

Seguir lendo

Publicado en Blog | Etiquetado | Comentarios desactivados en Perdidos por dez, perdidos por cen

Corpo a terra, que veñen os nosos

Autor: Santiago Carballo Mourón

A non ser, di a voz que fala por boca do esbirro, que o tempo sexa outro, que esta paisaxe traballada ideoloxicamente pola man do capital e os poderes fácticos que todo o moven e poden, fose en tempos pasados tan estéril e desolador como a terra prometida, entón estamos no futuro (…)

Seguir lendo

Publicado en Blog | Etiquetado | Comentarios desactivados en Corpo a terra, que veñen os nosos

BlackBerry

Autor: Santiago Carballo Mourón
Hai uns días recibín un correo destes que empezan a roular duns para outros e non se sabe cando ha de rematar a súa virtual viaxe. Marguerite Yourcenar, no seu magnífico libro “Memorias de Adriano”, escribiu: “Dubido que toda a filosofía deste mundo consiga suprimir a escravitude, como máximo cambiaranlle o nome”.

Seguir lendo

Publicado en Blog | Etiquetado | Comentarios desactivados en BlackBerry

25 de abril sempre

Autor: Santiago Carballo Mourón

Un peculiar e fascinante feito estaba a punto de acontecer. A sorte estaba botada. De pronto, o periodista João Paulo Diniz dá o primeiro sinal. Eran as 22,55 horas do 24 de abril, “E Despois do Adeus” de Paulo de Carvalho, soa na sintonía de “Emissores Associados de Lisboa” e ás 00,25 horas do 25 a “Rádio Renascença” transmite “Grândola, Vila Morena” (…)

Seguir lendo

Publicado en Blog | Etiquetado | Comentarios desactivados en 25 de abril sempre

O Mundo Today

Autor: Santiago Carballo Mourón

(…) Á saída do concello esperáballe a brigada policial da UDEF, composta por alomenos quince membros, que ao grito de “xa é noso!!” inmediatamente lle botaron a luva e puxérono a disposición xudicial nos termos que se detallan máis arriba, non sen antes gritarlle “te vas a cagar!!”. (…)

Seguir lendo

Publicado en Blog | Etiquetado | Comentarios desactivados en O Mundo Today

Os tempos de antes do tempo

Autor: Santiago Carballo Mourón

Conta Eduardo Galeano, que os pigmeos, que son de corpo curto e memoria longa, recordan os tempos de antes do tempo, cando a terra estaba enriba do ceo. Dende a terra caía sobre o ceo unha chuvia incesante de po e de lixo, que ensuciaba a casa dos deuses e lles envelenaba a comida.

 

Seguir lendo

Publicado en Blog | Etiquetado | Comentarios desactivados en Os tempos de antes do tempo

O tempo e a vida

Autor: Santiago Carballo Mourón

Aquel día do Nadal, mentres gozaba da lectura dun bote de xampú sentado no trono do señor Roca, soou o teléfono. Acostumo a ter un libro á man neste lugar de meditación e sosego, pero por mor da limpeza da estancia e da miña perentoria necesidade, o libriño foi parar a outro lugar, inalcanzable dende a miña posición de apoltronamento monárquico.

Seguir lendo

Publicado en Blog | Etiquetado | Comentarios desactivados en O tempo e a vida

Beber non é vivir

Autor:  Santiago Carballo Mourón

Non sodes seguramente os únicos culpables da situación que viven os cidadáns residentes nos cascos antigos das cidades e das vilas, onde o barullo do fin de semana  faixe infernal e remata exasperando aos que o padecen. Vos sodes os executores dese culto, tan de moda, a todo elemento que consiga facer alucinar, pero do mesmo xeito tamén sodes os que sufrides as consecuencias devastadoras dese xeito de vida.

Seguir lendo

Publicado en Blog | Etiquetado | Comentarios desactivados en Beber non é vivir

O Mestre Don Xaquín

Autor:  Santiago Carballo Mourón

A ditadura franquista esnaquizou para sempre a nosa infancia, sufrimos a pésima educación nacional católica, baseada en medos e medias verdades, na falta total de rigor científico ou histórico, de espírito crítico e de liberdade.

Seguir lendo

Publicado en Blog | Etiquetado | Comentarios desactivados en O Mestre Don Xaquín

O conto da leiteira

A campaña electoral está no seu momento máis álxido. Cada partido político, atendendo aos consellos dos seus innumerables e ben pagados asesores de marketing, tratan de resaltar os puntos fortes do seu programa en detrimento das debilidades do programa adversario … Seguir lendo

Publicado en Blog | Etiquetado | Comentarios desactivados en O conto da leiteira

Saber por onde pisamos

Do mesmo xeito que conta Rafa Ruibal neste blog; eu cavilo, ás veces, nas historias que os lugares onde vivimos nos contarían se, como se di popularmente, as pedras falaran. Dende tempos inmemoriais, a pedra foi considerada como símbolo da … Seguir lendo

Publicado en Blog | Etiquetado | Comentarios desactivados en Saber por onde pisamos

Chupasangues

Os chupasangues son personaxes mitolóxicos que á  luz do sol  convértense en salchichas Frankfurt e morren. Segundo a crenza só se  poden combater  cunha estaca de buxo, pero despois de tragarme algunhas pelis de vampiros  descubrín que cada unha é … Seguir lendo

Publicado en Blog | Etiquetado | Comentarios desactivados en Chupasangues

De títeres e titiriteiros

¡Eu son Barriga Verde!, ¡Eu son Barriga Verde! “Pasen, señores, pasen, a función está a comezar. Hai quen se queda fóra? ¡Pois si que estamos listos!” Con estas palabras “Traga Estopa”, animaba á xente a entrar para gozar do seu … Seguir lendo

Publicado en Blog | Etiquetado | Comentarios desactivados en De títeres e titiriteiros

Non vos riades, porque o conto é triste

O humorismo é un enfrontamento, unha síntese das dúas verdades, traxedia é comedia , consiste en coller do tráxico o que ten de “irónico” e, dese xeito, intelectualizalo. Pero o verdadeiro humor consiste en rirse do humor mesmo dándose conta … Seguir lendo

Publicado en Blog | Etiquetado | Comentarios desactivados en Non vos riades, porque o conto é triste

Ao César o que é do César

Non, señor, non… Non teño máis nin menos vontade de falar da que tiña onte… O que pasa é que agora cúmpreme remoer ben as cousas antes de as dicir. Estiven remoéndoas a noite enteira, que leve o diaño o … Seguir lendo

Publicado en Blog | Etiquetado | Comentarios desactivados en Ao César o que é do César

Xogar á ruleta… á rusa

Fai uns días saltaba unha noticia, que en tempos pasados estaría destinada a sección de humor, pero nos tempos que corren, se cadra, compre facer unha reflexión un chisco máis profunda. Ao alcalde do Concello de  Cacabelos, do Partido Popular, … Seguir lendo

Publicado en Blog | Etiquetado | Comentarios desactivados en Xogar á ruleta… á rusa

Patrimonio público, ben común

Dominio público é unha expresión utilizada en dúas áreas do dereito: o dereito administrativo e o dereito de autor. Por dominio público  enténdese o conxunto de bens e dereitos de titularidade pública, destinados ao uso público (como as rúas, prazas … Seguir lendo

Publicado en Blog | Etiquetado | Comentarios desactivados en Patrimonio público, ben común

Desmontando o Purgatorio

O Papa Ratzinger degradou o Purgatorio. Antes era unha situación transitoria onde padecían as ánimas dos que pecaran levemente ou o fixeran en serio sendo perdoados sen grandes sacrificios penitenciais. Ou algo semellante. O caso é que alí se sufría … Seguir lendo

Publicado en Blog | Etiquetado | Comentarios desactivados en Desmontando o Purgatorio

Faladoiro panorámico

“Hoxe, por poñer un caso, sentíndome ao tempo home e muller, amante e amigo á vez, paseeime dacabalo polo bosque, nun serán de outono prematuro, baixo das marelecidas follas, e eu era os cabalos, e as follas, e o vento, … Seguir lendo

Publicado en Blog | Etiquetado | Comentarios desactivados en Faladoiro panorámico

Alcalde de Guinness

Cando se iniciou ese burato sen fondo, invertido, que está a ser a rehabilitación da cheminea, o alcalde, tan fachendoso el, declarou a un xornal –Esta é a segunda cheminea máis alta do mundo, por un chisquiño non é a … Seguir lendo

Publicado en Blog | Etiquetado | Comentarios desactivados en Alcalde de Guinness