A CD Portas convocará unha Concentración diante do Concello si este non responde á súa petición de que aporte os medios económicos comprometidos hai 4 anos

A Xunta Directiva da CD Portas reunida este venres 15 de marzo de 2013, acordou seguir co calendario de actuacións, que xa aprobara na anterior reunión, e que levarán a cabo de non haber resposta do Concello de Portas á súa petición de que aporte os medios económicos comprometidos hai 4 anos, e dos que nunca máis se soubo.

As actuacións previstas pola Xunta Directiva son:

  1. RECOLLIDA de sinaturas (pais/nais, xogadores, socios, afeccionados e veciños de Portas)
  2. Solicitude aos grupos políticos da oposición da CONVOCATORIA dun Pleno Extraordinario.
  3. Celebración dunha CONCENTRACIÓN de apoio diante do Concello para a segunda quincena de marzo coa participación de todas as asociacions culturais, deportivas e sociais do Concello que se queiran sumar.
  4. Realizar unha xornada de PARO (non disputando partidos de competición con todas as sección do club).
  5. e xa coma medida final, RETIRADA de todas as seccións do club das competicións oficias na presente temporada.

Acordo da Xunta Directiva  do 15-3-2013.jpg

 Escrito da CD Portas ao Concello (1) 12.03.2013

Escrito da CD Portas ao Concello (2) 12.03.2013

Estas entrada foi publicada en Blog coas etiquetas , . Ligazón permanente.