Portas 2-0 San Miguel. O equipo gaña confianza para o futuro e recorta puntos co Play-off. Doblete de Iván.

Necesitaba o Portas resarcirse das últimas derrotas –ver resumos abaixo dos partidos de Chispa e Cesantes- e cumpriu co cometido, aínda que o que aquí escribe cre que poden dar moito máis. O equipo sabía que era necesario exprimirse ao máximo, principalmente cando a sorte non acompaña. Indo aos detalles, contra Chispa marcouse en propia porta e contra o Cesantes o árbitro cargouse o partido.
Pero como non é cuestión de chorar e hai moito que mellorar, o equipo de Conles deu un paso adiante e volveu á vitoria tan necesaria para seguir vivos na loita polo Play-off, con pinchazos de Deiro e Pontearnelas.

ALINEACIÓN: Rubén, Sergio, Rober, Casal, Cris, Iago, Gabri, Dani, Víctor, Iván e Eloy.
TAMÉN XOGARON: Darío, Santos, Marcos e Dani Abal.

GOLES: Iván (min. 55); Iván (min. 90)

DSC05484.jpg

O equipo estase a amosar forte en defensa.

O Portas comezou ca principal novidade de Sergio no lateral e Rober no centro da defensa, acompañando a Casal. Con Cris cada vez máis a tono no lateral esquerdo, Iago afiánzase no pivote; no medio por diante formaron Gabri e Dani para tocar e surtir de balóns a Eloy, Víctor e Iván na punta. O obxectivo era claro, dominar e matar o partido cedo, antes de que aparecesen as présas. Sen embargo, non houbo a fluidez suficiente, o San Miguel amosou moitas carencias pero o Portas non se aproveitou das circunstancias. Si houbo detalles pero a circulación do balón era lenta. Os medios non mamaron a pelota e chegouse á portería contraria a ramalazos. Aínda así, contabilizáronse ata 3 oportunidades claras (Iván, Víctor e Dani) por ninguna do San Miguel, moi inocente na primeira parte.

DSC055021.jpg

Víctor púxoa perfecta para que Iván remachase de cabeza

O segundo tempo comezou con bo pé, cando Dani encarou con velocidade ao porteiro, que rechazou pero Iván remachou a placer. Gol importantísimo para gañar confianza. Pero nada máis lexos da realidade, o equipo non se vía solvente; Suso moveu o banquillo cambiando pezas da columna vertebral. Quizais non influira no devir do encontro pero o San Miguel aproximouse con máis claridade no último cuarto de hora do partido. Como ven sendo habitual, ao Portas cóstalle sacar peito fóra e sufriu máis da conta. Aínda así, houbo tempo para redondear o marcador, tras un córner no que Víctor puxo á perfección para que Iván marcase de cabeza. Gol de moita importancia e de rabia do de Caldas, que suma o seu noveno gol e acada un premio ao traballo individual despregado.

A próxima parada será o DORRÓN, na Rapeira outra vez, para seguir recortando puntos a Pontearnelas a Deiro. Isto é moi largo e ninguén regala nada.

___________________________________________________________________________________________________
RESUMOS:

Chispa 2-0 Portas

ivan.jpg

Iván non dá un balón por perdido e leva 9 goles en Liga.

Os de Conles deron a talla en todo momento e non foi ata o minuto 60’ cando caeu o primeiro gol local. Antes, no primeiro tempo, Iván tivo unha clara ocasión de cabeza que asustou ao Chispa, que inquedou a meta de Rubén pero sen demasiada claridade. O gol dos de Corón chegou cun pouco de sorte, con Darío en propia porta. O equipo intentouno pero non conseguiu aproximarse á meta do equipo visitante, claro candidato ao ascenso principalmente pola súa solidez. O 2-0 chegaría xa ao final.

Cesantes 2-1 Portas
Había ganas de facelo ben nunha competición que tanto gusta. O equipo, en horas baixas, saíu moi concienciado, pero como vén ocurrindo últimamente, faltaron detalles dun equipo ganador, que debería pasarlle por enriba a un equipo de menos nivel. Para máis inri torcéronse as cousas cando o Cesantes se adiantou na primeira metade. No segundo tempo o equipo mellorou, chegou con máis claridade e Iván fixo o empate cun golazo tras desmarcarse á espalda da defensa. Viñeron máis ocasións claras, unha de Sergio só no segundo pao, pero non puido ser. Cando parecía que xa cheiraba a penaltis, o trencilla pitou penalti nunha falta fóra da área. O nerviosismo e a desilusión acabaron co Portas, que acabou desquiciado co árbitro. Co pitido final os nosos recrimináronlle o ocorrido e o árbitro simulou unha supuesta agresión, cando moitos afeccionados presentes viron que se tirara. De traca!

Estas entrada foi publicada en Blog coas etiquetas , . Ligazón permanente.